Hai que coidarse un e así nos coidamos todos

Hai que coidarse un e así nos coidamos todos
20 de Marzo, 2020 - 09:28 h. | Publicada por Radio Fene

Os carniceiros traballan coa normalidade que permite a situación de alerta pero saben que o peor do coronavirus está por chegar e iso podería afectar ás vendas.

ESCOITA O PODCAST:

As carnicerías xa tiñan unha praxe de traballo antes do coronavirus, por iso se adaptaron rápido a traballar coa máxima garantía de hixiene. Así o expresa Ramón Criado, o propietario da carnicería O Piqueiro, de Barallobre. Intensificaron, iso sí, as medidas hixiénicas na recepción da mercancía, desinfectando as mans entre cada venda e facendo que os clientes garden a distancia de seguridade. “Xa non fai falla decirllo” asegura Criado para quen a posibilidade de ter que pechar o establecemento está aí. “Se o peor está por vir e a xente non pode sair a mercar, habería que pechar” afirma. O que ten seguro é que na próxima semana as vendas van baixar.

Algo máis de carne comprouse desde que comenzou a crise. Bromea Ramón Criado, que non tanto como o papel hixiénico. A xente merca o mesmo de sempre seguindo os seus hábitos, niso non cambiou nada. Criado describiunos esta mañá un Barallobre deserto, un pobo fantasma. Está convencido de que hai que recluirse e manter a distancia de seguridade. “Hai que coidarse un para coidarnos todos” declarou convencido.

Sociedade

Publica o teu comentario agora