Hai que facer as cousas ben dunha vez

A portavoz municipal socialista promete facer sempre unha oposición responsable.
22 de Outubro, 2019 - 10:00 h. | Publicada por Radio Fene

Mar Piñeiro referiuse tamén á campaña electoral que os socialistas de Fene agardan sirva para consolidar un goberno socialista despois do 10 de novembro.

ESCOITA O PODCAST:

“Queremos transparencia nas contas, nada de apaños e un plan serio de emprego” Son algunhas das razóns esgrimidas pola portavoz do grupo municipal socialista de Fene, Mar Piñeiro no debate da Conta Xeral de 2018 do concello de Fene. Ademais as contas aprobáronse fora de prazo e iso pode comportar penalizacións ao concello, daí as razóns polas que o PSOE se abstívo na votación da Conta xeral de 2018, aprobada no último pleno extraordinario.

Mar Piñeiro quere que se fagan ben as cousas, en particular cando se refire á modificación do proxecto da auga a Magalofes porque dí “os veciños xa agardaron moitos anos e non se pode estar dándolle voltas e voltas”. Hai que engadir no proxecto un novo terreo para o bombeo, hai que buscar a financiación, e a voceira socialista só pide que se fagan as cousas ben dunha vez.

En relación coa súa iniciativa de que se pase ao cobro a ordenanza nº 19 relacionada coa depuración da ría, Mar Piñeiro declarou no espazo As Foxas de Radio Fene que "é peor que a cantidade a pagar pola veciñanza siga medrando". O concello leva pagado por este concepto, 150.000 euros. Piñeiro fixo as contas e a débeda de cada casa vai polos 300. Sabendo que o cobro da taxa é impopular, afirma a edil socialista, “canto máis retraso, máis impacto”.

Con ela falamos tamén da falta de médicos no PAC de Fene ou da falta de profesorado de apoio nos centros escolares de A Xunqueira e O Ramo. O PSOE presentou no Parlamento Galego unha iniciativa apoiando a reclamación das nais dos pequenos que precisan unha atención especial.

Institucional

Publica o teu comentario agora