Hai que intentar pasar

O Cultural Maniños pasou e o domingo enfróntase ao Galicia de Mugardos na copa da ría
27 de Maio, 2019 - 11:57 h. | Publicada por Radio Fene

A Copa da Ría segue un formato de eliminatoria a partido único así que o Maniños debe gañar ao Mugardos para seguir vivo.

ESCOITA O PODCAST:

O Cultural Maniños segue vivo na copa despois de gañar ao Numancia nos Prados Vellos por un resultado de 4-5. Un encontro para esquencer, en palabras do técnico, Pablo Mesa,quen declara que foi un desastre, gañaron a chispazos, sofriron ao final e encaixaron catro goles. Sabían que lle ía custar traballo. Aos 15 minutos de arrancar xa perdía o Maniños por 2-0. Falaron no descanso e correxiron poñendo o marcador en 2-4. Un penalti a favor do Numancia púxoo en 3-4. Despois duns minutos de incertidume chegou o 3-5, e un erro case ao final deixou o marcador definitivo no 4-5.

E agora ven o Galicia de Mugardos. O mellor equipo dos que compiten, segundo Pablo Mesa, quen afirma que hai que pelexalo no Pote, o domingo ás seis da tarde. O formato da copa da ría é agora a partido único, a eliminación directa. Hai que intentar pasar.

Deportes

Publica o teu comentario agora