Hai que mollarse

Ana Miranda reclama un reparto xusto das axudas europeas á Pesca en Galicia. Esta mañá reuniuse cos responsables da Confraría de Barallobre.
10 de Maio, 2019 - 01:29 h. | Publicada por Radio Fene

Semella que se quere acabar coa pesca e o marisqueo artesanais, en palabras da candidata ao Parlamento europeu, Ana Miranda.

ESCOITA O PODCAST:

A campaña electoral xa está en marcha. Na nosa comunidade votamos para os concellos e para Europa. A ter un lugar de novo no parlamento galego aspira a candidata do BNG, Ana Miranda. Os seus primeiros actos de campaña discurriron esta mañá na ría de Ferrol, en Fene e Ares. Máis dunha hora estivo reunida Ana Miranda cos representantes da confraría de Barallobre (Fene) para falar da delicada situación pola que atravesa o pósito fenés. En declaracións a Radio Fene, Miranda falou da necesidade de sanear a ría, de limpala e de conseguir fondos europeus para iso. Porque para iso están os fondos europeos dos que, segundo denuncia a candidata nacionalista, en Galicia se está a facer un reparto partidista dos mesmos. Miranda ten o sector pesqueiro galego como un dos temas prioritarios en Europa pero tamén o sector garario, o salario mínimo europeu, o  accidente do Alvia ou o Pazo de Meirás. Temas aínda abertos en Bruxelas, en palabras da candidata de "Agora Repúblicas" froito da coalición formada por BNG, Bildu e Esquerra Republicana de Cataluña. (Ana Miranda fotografouse coa xente do pósito e parte da candidatura do BNG ás Eleccións municipais, encabezada por Juventino Trigo).

Sociedade

Publica o teu comentario agora