Hai que ter cabeza

Hai que ter cabeza
06 de Maio, 2022 - 07:44 h. | Publicada por Radio Fene

“Non chega con manexar ben o balón, para chegar a algo no fútbol hai que ter cabeza e coidarse moito” afirma Marcos Novo, que foi unha gran promesa do balompé. Coa camisola do Balaguer, marcou dous goles e gañoulle a Copa Catalunya ao Barça de Luis Enrique e Xavi Hernández en 2001. Naceu en Fene en 1980. Empezou a darlle patadas ao balón con catro anos na Sociedade Deportiva Barallobre.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

Fotografía: Xan Xe Corral

Fichou polo Racing de Ferrol co que debutou coa selección española sub 15. Desde moi novo destacou polo seu olfacto goleador e polo acerto diante da portería rival. Con 14 anos Marcos Novo Marta marchou a Valencia.No terceiro ano vestiu a camisola do Valencia B. Despois dun periplo por diferentes equipos, xogou co Balaguer a final da Copa Catalunya. Marcou o 2-2 ao  Fútbol Clube Barcelona e tamén o penalti decisivo que lle deu o título da Copa Catalunya. Un equipo de Terceira gañoulle a un Barça con Luís Enrique, Puyol e Xavi. Pasou despois 8 anos en Brasil onde xogou no Timbaúba e no Sinop onde montou unha escola de fútbol que chegou a ter máis de 200 rapaces. Volveu a Galicia e nesta tempada xoga en Primeira Galicia co Miño, clube no que adestra ao prebenxamín, benxamín e cadete. Con 42 anos esta tempada colgará as botas cando finalice a Liga e a Copa.  
 

Deportes

Publica o teu comentario agora