Heredeiros da Crus e Dakidarria

Heredeiros da Crus e Dakidarría
21 de Setembro, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Herederos da Crus e Dakidarría son algúns dos grupos que participarán a vindeira fin de semana no Fenerock Festival vigésimo aniversario. Tanto venres como sábado o recinto no paseo marítimo de San Valentín en Fene abriráse as nove da noite. Os concertos da sesión vermú do sábado e do domingo serán de portas abertas e de balde.

Fotografía Xan Xe

Actualmente está á venda o abono en venda anticipada ao prezo de vinte euros.

 

 

Na imaxe Malditos Pendejos actuando na avenida Naturais de Fene o pasado venres, nun concerto considerado prolegómeno do Fenerock. Tamén actuaron os Mártires del rock and roll. Organizaron as actuacións as cervexerías Roibén, O Camarote, Lembranza e Mar e Terra. Foi un completo éxito de público. 

Cultura

Publica o teu comentario agora