A historia de “O sapo fachendoso”

A historia de “O sapo fachendoso”

25 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

A Biblioteca Municipal do Concello de Ordes acolle o vindeiro venres 27 de maio unha nova sesión de contacontos. Unha iniciativa enmarcada dentro do programa “Tardes de Contos e Lendas” e que achega o último venres de cada mes á biblioteca ordense a narración dun conto a cargo dun contacontos.

Nesta ocasión o conto elexido foi o titulado “O sapo fachendoso”, dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos e que terá lugar a partir das 18:30 horas nas instalacións da biblioteca.

Para esta nova tarde de contos ordense espérase un novo éxito, xa que esta iniciativa está a congregar cada mes na biblioteca a preto dun cento de nenos e nenas que, desta maneira, ademais de disfrutar do contacontos, achéganse ao mundo da lectura dende moi pequenos, obxectivo co que se organizan estas sesións.

Sociedade