A historia de España en viñetas

A historia de España en viñetas

01 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Un repaso á historia de España a través de viñetas, isto é o que propón a exposición de banda deseñada que ven de inaugurarse na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago.“ Viñetas da historia de España” é unha mostra organizada pola Fundación Francisco Largo Caballero que repasa a obra do que fora Premio Nacional de Cómic, o debuxante Carlos Giménez.

A exposición, que está composta por máis de 40 obras, é unha aproximación á historia de España desde a Guerra Civil, pasando pola posguerra, ata chegar aos primeiros anos da Transición. Jesús Pérez, presidente da Fundación Francisco Largo Caballero, indicou na presentación da mostra que é moi recomendable para os mozos e para xente máis maior, xa que serve como ferramenta para combater as confusións en torno á memoria histórica española.

A mostra, que xa percorreu antes outras cidades españolas, permanecerá en Santiago ata o mes de xaneiro, e ten previsto continuar mostrándose por diferentes localidades do país para achegar a todo o público a España do século pasado. “Viñetas da historia de España” encádrase nas actividades artísticas e culturais paralelas do Foro 2010 que terá lugar durante todo o mes de decembro en Santiago.

Sociedade