Hixiene nas dependencias municipais

Hixiene nas dependencias municipais
12 de Marzo, 2020 - 01:32 h. | Publicada por Radio Fene

O concello de Fene prepárase para o coroavirus acentuando as medidas preventivas. O alcalde, Juventino Trigo, está pendente da evolución da crise mentres se adoptan medidas informativas e de hixiene nas dependencias municipais. Por sorte, de momento no concello non se rexistrou ningunha persoa afectada.

ESCOITA O PODCAST:

O concello de Fene prepárase para afrontar da mellor maneira a crise do coroavirus. O alcalde de Fene, Juventino Trigo, quere transmitir tranquilidade pero tamén a vontade de participar na prevención. Esta mañá reuniuse cos órganos de representación dos traballadores, co responsable de saguridade e saúde e tamén se puxo en contacto coa Área Sanitaria de Ferrol. Entre as medidas que se adoptaron esta mañá, unha vez confirmado que non hai ningunha persoa afectada no concello, estarían as seguintes:

1. A atención ao público continúa con normalidade, se ben se recomenda aos cidadáns que ultilicen, se é posible, a sede fene.gal para realizar os trámites habituais.

2. Refórzase a hixiene do persoal ( encargouse xel, panos e mesmo mascarillas, máis necesarias no servizo de axuda no fogar).

3. Reforzase a limpeza das instalacións. Contratarase máis persoal para intensificar a limpeza ambiental nos lugares de traballo.

4. Contactarase coas empresa externas que prestan servizos ao concello para que sigan os protocolos recomendados polas autoridades sanitarias.

5. Estase a elborar unha guía preventiva que se repartirá entre todo o persoal.

6. Estanse a colocar durante esta xornada uns cadros coas normas básicas recomendadas, en cada unha das instalacións municipais ás que accede o público.

7. Suspenderonse as xornadas de Atletismo divertido que estaban previstas para estas datas.

Afirma Juventino Trigo que o concello está permanentemente pendente das novidades que se vaian producindo porque esta crise vai mudando a cada momento segundo a súa evolución. Mentres non se diga o contrario, continúa a normalidade de funcionamento nos centros escolares feneses. É a Consellería de Educación a que marca as medidas a adoptar cando sexan necesarias.E xa saben, se tivesen algunha sospeita, non hai máis que marcar o 061.

(Despois da entrevista ao alcalde de Fene, a Xunta de Galicia decretou o peche de todos os centros educativos, de todos os niveis. A medida empeza a contar o luns 16 de marzo e permanecerá vixente durante 14 dias).

Institucional

Publica o teu comentario agora