Homenaxe á emigración galega

Homenaxe á emigración galega
03 de Xullo, 2020 - 12:55 h. | Publicada por Radio Fene

A Liga de Amigos renderá unha homenaxe á emigración galega no paseo marítimo Bieito Cupeiro de Barallobre o domingo 5 de xullo, coa reposición da placa adicada a Bieito Cupeiro que da nome ao paseo marítimo da ribeira.

Unha homenaxe á emigración galega realizarase este domingo á unha do mediodia na ribeira de Barallobre, no paseo marítimo Bieito Cupeiro. Descubriráse unha placa en lembranza da xente que deixou aos seres queridos e á terra que os veu nacer para buscar o sustento e as perspectivas vitais noutras partes do mundo. “Non se esquenceron da súa terra natal e contribuiron a facer escolas e outras infraestructuras de progreso. Ademais mantiveron o facho da cultura galega en Arxentina, Cuba e en tantos outros lugares” afirman os convocantes que pregan a todas as persoas asistentes que acudan con máscara e respeten a distancia de seguridade. Organiza a Liga de Amigos de Barallobre coa colaboración de Son Radiofusión e do Concello de Fene.

Bieito Cupeiro

Bieito Cupeiro Vázquez naceu en Barallobre o 14 de febreiro de 1914. Exiliouse en Arxentina en 1936 e alí mantivo un labor transcendente como educador, impartindo cursos de Historia, Xeografía, Arte, Idioma, Literatura e Cultura Galegas. Durante todo este tempo, Cupeiro non esqueceu á súa aldea, á súa terra. Tdos os dias da súa vida pensaba na súa Galicia, todas as semanas realizaba un paseo pola ría de Ferrol, dende Barallobre a Maniños, ata Perlío, todos os dias saía a navegar nas lanchas, cos seus mariñeiros, cos seus cantos. Cupeiro nunca deixou a súa terra, ainda que paradoxalmente nunca regresou.

Cultura

Publica o teu comentario agora