Homenaxe á xente do arredor

Homenaxe á xente do arredor
22 de Novembro, 2019 - 12:05 h. | Publicada por Radio Fene

Óscar Fojo presenta o seu disco “De ventos e lúas” en Ferrol. O traballo é unha homenaxe á xente do arredor. Quixo reflectir o seu agarimo. Este sábado ás dez e media da noite en Artabria, na rúa Batallóns de Esteiro en Ferrol. Entrada de balde.

Óscar Fojo en Radio Fene Radiofusión

Máis de duascentas persoas axudaron a Óscar Fojo para editar o disco “De ventos e lúas”. Inclúe dous temas adicados á súa filla Loaira e outro aos seus avós falecidos. Fojo "a contracorrente vai sucando o mar e voando sen parar, sen parar de aletexar" e mistura a canción intimista coa vena rockeira. Participa coa voz Guadi Galego, Roberto Grandal ao acordeón e Leandro Lamas cos deseños.Óscar Fojo en concerto.

Cultura

Publica o teu comentario agora