Homenaxe en Ferrol aos curas obreiros

Homenaxe en Ferrol aos curas obreiros

18 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os "curas obreiros" reúnense esta tarde na Fundación Novacaixagalicia de Ferrol nun acto organizado pola Asociación cultural Lefre de caldereta. Serán homenaxeados aqueles cregos que en plen dictarura se puxeron do lado dos perseguidos. Daí a denominación que quedou para sempre na cidade de Ferrol. A ex concelleira ferrolana, Elisa Montañés, conducirá a mesa que os reune na cidade esta tarde.  

Xaquín Campo, Vicente Couce, Antón Mnez Aneiros, Anxo Ferreiro ou Bernardo Gcía Cendán. Todos eles son nomes de curas que exerceron na comarca hai case 40 anos. Teñen algo maís en común, que foron calificados como “ curas obreiros” por poñerse, en plena dictadura, do lado dos oprimidos. Desas circunstancias políticas e sociais que lles tocou vivir van falar todos eles na Fundación Novacaixa galicia no Cantón ás 8 da tarde. Será nun acto organizado pola Asociación cultural Lefre de Caldereta. Conducirá o acto, que pretende ser unha homenaxe a todos eles, a que fora concelleira ferrolana, Elisa Montañés.

Sociedade