Homenaxe en Riotorto a Mini e Mero, os mestres de mestres

Homenaxe en Riotorto a Mini e Mero, os mestres de mestres

20 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

40 asociacións culturais homenaxean a Mini e Mero, dúas figuras senlleiras da música e da cultura galega. Será este venres, 24 de setembro, no marco da Festa da Cultura, no concello de Riotorto (Lugo).  Trátase, segundo os organizadores, dun recoñecemento obrigado de todo o pobo galego e, de xeito moi particular do movemento asociativo,  polo seu labor, difusión e estudo da nosa música, do seu compromiso coa lingua e a cultura galega e da s&u

A homenaxe vai consistir nun concerto no que participarán Susana Seivane, Os Tres Trebóns, Os Minhotos, Xavier Díaz e Ugia Pedreira, fechando o mesmo unha actuación dos homenaxeados. Asemade entre a actuación de cada un dos grupos farán uso da palabra persoas vencelladas á actividade destes dous galegos como a escritora Marica Campo, Xesús Mato, gran promotor da musica galega e impulsor de Fuxan os Ventos e Afonso Blanco, Presidente de Xermolos e impulsor do festival de Pardiñas. 

Trátase dunha homenaxe aberta a todas as persoas e colectivos que así o desexen. Poden achegar as súas suxestións ao correo: festadacultura@gmail.com

Paralelamente, ao día seguinte e tamén o domingo, celebrarase a Feira do Libro e do Disco con actuacións de Magín Blanco, Anxo Moure ou a presentación do ensaio "Rosalía, o clamor da rebeldía" de Pilar García negro. Unha publicación premiada pola Fundación Vicente Risco. A cantante Ugia Pedreira tamén presentará o seu disco-poemario "Noente Paradise". Ademais levarase a cabo un recital poético onde se reencontrarán músicos da xeración dos 80.

Sociedade