Homenaxe a María Antonia na Coruña

Homenaxe a María Antonia na Coruña

10 de Decembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Dentro da ruta “Da Gaiteira a Monte-Alto. A viaxe ao Gran Sol, sen saír da Coruña”, Xurxo Souto recala este xoves na libraría Couceiro cos seus “Contos do Mar de Irlanda”. Unha cita para dar a coñecer entre os terrícolas a talasonimia das augas que rodean á Coruña, “o Mar de María Antonia”, e honrar a memoria desta muller de Santa Lucía que lles deu nome. Alén do autor participarán no acto, Jos&e

Xoves 11 de decembro, ás 20 horas na libraría COUCEIRO ( Praza do Libro, 12), homenaxe a  María Antonia, unha muller de Santa Lucía que lle deu nome a todo un mar. 

"Dende o alto da Torre de Hércules -mar e horizonte- terrícolas e terrícolos enchemos o ollo cunha visión extraordinaria. Do cabo Prior, ou Prioiro, até as illas Sisargas. Exceso de océano ao que agora moitas veces lle din Artabria, e que os vellos patróns chaman Mar de María Antonia. Porque o mariñeiro está a ver moito máis: As Acentes, o Carpancho, os Abarracidos, o Mar da Cota, as Tousas de Leste e as Tousas de Vendaval. Leiras de peixe por debaixo da tona da auga". E engade Xurxo Souto "Haberá palabra, toque de cornas e acordeón. Gustaríanos moito – se así o quixer- que vostede formase tamén parte desta tripulación. Medre o Mar !"

Sociedade