Homenaxe a Santiago Carrillo en Ferrol

Homenaxe a Santiago Carrillo en Ferrol

27 de Setembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Fuco Buxán rende en Ferrol unha homenaxe póstuma ó que foi Socio de Honra Santiago Carrillo. Celebraráse esta tarde, ás 20 hs, no Centro Cultural Carvalho Calero . Ó longo da mesma proxectaranse imaxes de Santiago Carrillo, valorando a situación política actual.  Intervirán no acto, Rafael Pillado Lista e Jorge Carrillo Menéndez, que presentará o derradeiro libro do seu pai que leva por título “ La dif&iacute

A Asociación Cultural Fuco Buxán,  solidarizase co activista vigués Miguel Quinteiro, detido onte en Madrid, cando se manifestaba pacificamente , como milleiros e milleiros de cidadás e cidadáns en defensa da democracia. Miguel Quinteiro permanece na comisaría de Policía de Moratalaz, á espera de prestar declaración. Súmase así ás mensaxes recibidas das entidades AES Briante, COOP57, Cordinadora Nacional de Espazo Ecosocialista, Attac Madrid e Mesas de Converxencia de Galicia. Esixen a inmediata posta en liberdade para todos os detidos.

Sociedade