The Homens presentan “Cuarta potencia” no Iguana Club de Vigo

The Homens presentan “Cuarta potencia” no Iguana Club de Vigo

18 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Cuarta potencia é melodía a volume atronador, é inocencia pop e nihilismo negro. O cuarto traballo de The Homens, tras os EPs #1 (autoeditado, 2005) e #2 (autoeditado, 2006) e o longa duración Tres (Falcatruada, 2007), mostra á banda de Santiago DC máis preocupada polas melodías e pola expre

Producido de novo por Santi García (Nueva Vulcano, Charades, The Unfinished Sympathy...), o disco novo recolle unha ducia de cancións nas que The Homens envorcan todo o vivido e aprendido en catro anos de xira sen fin, insistindo no seu gusto polo pop británico de todas as décadas e a enerxía do punk americano dos oitenta, e engadíndolle un renovado interese pola psicodelia e a experimentación.

Melodía, enerxía e actitude. The Homens levan xa cinco anos tentando cadrar esta ecuación. Aseguran que lles gusta “a nova onda de finais dos setenta; adoramos o post hardcore dos oitenta; encántanos o pop británico de calquera década; queremos facervos bailar, cantar e botar os fígados nos nosos concertos”.

Xocas (batería), Roi (baixo e voz), Martin Wu (guitarra e voz) e Cristovo (teclas, pandeiretas e demais enxeñería eléctrica) son The Homens desde finais do 2004. Desde entón levan máis dun cento de concertos en Galicia, España, Portugal e Europa.

Cultura