As hormonas de repichoca

As hormonas de repichoca
04 de Outubro, 2018 - 12:28 h. | Publicada por Radio Fene

“Temos as hormonas de repichoca todo o día nos embarazos” afirma a gaiteira Susana Seivane ao falar do seu quinto album FA, un traballo no que reflexiona sobre a crianza dos seus fillos Fiz e Antón. “En Galicia hai máis de dez mil gaiteiros e gaiteiras e o público da música folc é moi fiel, percorre quilómetros para asistir a concertos e festivais e non gosta de piratear a música” salienta a intérprete, neta de Xosé Manuel Seivane, luthier desde 1939.

ESCOITA O PODCAST:
Henrique Sanfiz e Susana Seivane

FA (Fiz e Antón) sae á luz tras oito anos de silencio discográfico, un longo período que lle serviu de inspiración. É unha profunda introspección no eido da maternidade, os convencionalismos, a familia e a plenitude persoal. Posiblemente, o disco máis intimista da gaiteira, romántico, inspirador e tenro.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora