A horta autóctona, unha horta con sabor

A horta autóctona, unha horta con sabor

31 de Xaneiro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O enxeñeiro técnico agrícola, Antón Sánchez, pronuncia unha charla este domingo en Magalofes - Concello de Fene- sobre “As ventaxas da horta autóctona”. En Magalofes falará da sua experiencia profesional e dará pautas para a organización dunha horta familiar.  Cando fala da horta tradicional, Antón Sáchez, refírese a un cultivo que se adapta ben ao medio e que saca productos con sabor. Iso é o que

A agricultura tradicional e ecolóxica teñen diferencias pero tamén coincidencias, segundo Antón Sánchez. Entre as aportacións máis novidosas da segunda está a maior diversidade de productos que esixen na actualidade os consumidores. Tamén a ecolóxica utiliza técnicas propias para afrontar as pragas; abonos naturais diversos, etc. Pero en moitos aspectos a agrucultura ecolóxica bota man e imita á agricultura tradicional.

Once anos leva Antón Sánchez adicándose profesionalmente a esta actividade económica que ten que ser rendible. Na entrevista que lle realziamos esta mañá e que adxuntamos aquí, Antón Sánchez refírese ao horto pequeno, a un horto familiar, apuntando que o básico é que estea ben organizado, ben estructurado. En segundo lugar elexir a fertilización e o abono a utilizar - compost, esterco,etc-  

Antón Sánchez dará a charla sobre “As ventaxas da horta autóctona” o domingo ás 12 do mediodía no local veciñal de Magalofes.

Sociedade