Horteláns e xardineiros con distintas capacidades

Horteláns e xardineiros con distintas capacidades

10 de Setembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Colexio Jorge Juan de Perlío e o centro ocupacional de Aspaneps (Asociación de Pais e Nais de Nenos con problemas psicosociais) asinan mañá un convenio de colaboración. Ten como obxectivo manter o xardín e horto escolar do centro educativo. Tamén se pretende promover a inclusión socio-laboral das persoas usuarias do centro, que na actualidade conta con vinte persoas.

Cunha periodicidade trimestral, farán labores de mantemento, limpeza e compostaxe da área verde da escola. O convenio fai visible a necesidade de colaboración entre os diferentes participantes da comunidade para facer real a inclusión das persoas con distintas capacidades. A sinatura do convenio terá lugar mañá venres ás 11,15 da mañá no Colexio Jorge Juan de Perlío.

Sociedade