A hostalería con sabor a língua galega

A hostalería con sabor a língua galega

20 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Ferrol, na súa aposta polo desenvolvemento de políticas de apoio á lingua galega, habilitou un novo apartado na páxina www.ferrolconlingua.com.: Que dis comercio, que dis hostalaría. O concelleiro de Normalización Lingüística, Manuel Santiago, subliñou que a través deste espazo, ao que tamén se pode acceder a través da web municipal http://ww

O obxectivo da páxina é facer visible a presenza da nosa lingua nestes sectores “como un elemento de calidade e como un reflexo da situación lingüística actual, poñendo de manifesto que si temos unha lingua propia”, explicou Santiago. “Se ti queres, nós atendemos en galego. É o teu dereito, é para nós un pracer” é a mensaxe coa que desde o Concello de Ferrol, a través do Departamento de Normalización Lingüística, se quere invitar a este sector a ser partícipe desta nova acción a prol do galego.

Ata o momento, son doce os locais que xa se adheriron a esta iniciativa á cal se poden sumar todos os establecementos da cidade que o desexen a través da dirección de correo electrónico gnl@ferrol.es. ou da web www.ferrolconlingua.es. Todos os solicitantes terán un pequeño espazo en Que dis comercio, que dis hostalaría, no que se colgará unha fotografía do dito local (librarías, farmacias, mercerías, restaurantes, cafeterías, tendas de alimentación, etc.) xunto ao seu nome e unha frase relacionada co uso da lingua á hora de atender á cidadanía, que deberán remitir xunto á solicitude. Algunhas das recibidas ata o momento na web www.ferrolconlingua. son “En galego, sabe mellor!”,A mellor estratexia, valorar o noso. E nós queremos facerllo saber á nosa clientela”, “No corazón da Magdalena tamén se fala galego”, “Desde sempre, naturalmente en galego”, “Achegarse ás persoas na súa propia lingua tamén é calidade”, “Para nós, a atención en galego é un sinónimo de calidade” ou “Atende en galego é para nós todo un pracer”, entroutras.

Sociedade