Humanizarán a rúa Rosalía de Castro de Soutomaior

Humanizarán a rúa Rosalía de Castro de Soutomaior

16 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Deputación e concello investirán máis de medio millón de euros na humanización da rúa Rosalía de Castro, a principal rúa de aceso a Soutomaior. As obras, que deberían estar rematadas antes do verán, consistirán na dotación de beirarrúas no tramo comprendido entre a rúa José Solla e Alfonso Castelao, a construcción dun aparcadoiro de dous metros nun dos sentidos da vía e unha calzada d

A lonxitude total de actuación será de 390 metros, desde rúa Xosé Solla ata Estación de Arcade. Nesta obra investiranse 521.210 euros dos cales o 30% serán asumidos polo concello e o 70% pola Deputación.

A previsión e licitar e adxudicar as obras nos vindeiros meses para que poidan dar comezo despois do verán evitando, deste xeito, os colapsos que se poderían producir se se executasen durante o período estival.

 

Mellora do vial Taboadelo-Soutomaior

 

Por outra banda, o titular da Deputación, Rafael Louzán, comprometeuse cos alcaldes de Pontecaldelas e de Soutomaior, Perfecto Rodríguez e Agustín Reguera, a mellorar a estrada Taboadelo-Soutomaior que actualmente rexistra diversos baches e desperfectos.

No seu percorrido de 3,5 quilómetros. Así, nas vindeiras semanas, procederase á reparación da superficie e á posterior renovación da capa de aglomerado e da sinalización horizontal. Esta mellora, segundo informou Agustín Hernández suporá un investimento de 100.000 euros aproximadamente.

 

Sociedade