Humilde homenaxe a Rosalía de Castro

Humilde homenaxe a Rosalia de Castro
20 de Agosto, 2019 - 11:06 h. | Publicada por Radio Fene

“Quixemos construír unha humilde homenaxe a Rosalía de Castro inspirada no poema Si a vernos Marica nantronte viñeras, á festa do Seixo na beira do mar” indica Eugenia Sanmartín, autora da obra de teatro Rosalía poeta na beira do mar. Estreouse en decembro do ano pasado e agora volve de novo ao Seixo.

Fotografía Fanny González

A autora e directora tratou de recrear desde un punto de vista teatral e lúdico a festa do Seixo arredor de 1853, coa participación dunha Rosalía nova, atenta e defensora da identidade das mulleres e de Galicia. Na trama “unha muller actual do Seixo, mestra, emigrante e gaiteira, Marica, fala coa súa avoa, unha contadora da casa. Tamén abordan a problemática e a sensibilidade feminina no dia de hoxe”. O grupo de teatro Teruca Bouza presenta “Rosalía, poeta na beira do mar”, unha obra de Eugenia Sanmartín. Este xoves 22, ás nove da noite no local de Amigos da Paisaxe Galega do Seixo. Con entrada de balde.

Cultura

Publica o teu comentario agora