Iberdrola e Navantia asinan o contrato dos jackets

Iberdrola e Navantia asinan o contrato dos jackets

18 de Decembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

450 traballadores ocupados durante quince meses. Esa é a carga de traballo que supoñerá o contrato de Iberdrola para Navantia Fene, segundo afirma a compañía públiica. Iberdrola asinou esta mañá con Navantia senllos encargos para a fabricación de 29 jackets  -plataformas sobre as que van instaladas os aeroxeradores mariños- no estaleiro de Fene e a estrutura para a subestación eléctrica do seu futuro parque alem&aacu

Está orzamentada en 90 millóns de euros e, de acordo cos prazos establecidos, os pilotes comezarán a instalarse no mar no primeiro trimestre do 2016, operación que culminará a finais dese mesmo verán.

En conxunto, a obra suma 160 millóns de euros e dará emprego a 700 operarios de Navantia. Ademais, supón a entrada da compañía pública española no negocio da eólica mariña, para o que leva preparando os últimos anos. «Esta adxudicación podería propiciar que Navantia participe nun futuro na construción de novos parques eólicos mariños que Iberdrola promove noutros países de Europa», afirma a empresa nun comunicado.

Estes dous pedidos configuran «un dos maiores contratos que adxudicou até a data a unha empresa española no sector das enerxías renovables».

Iberdrola investirá 1.400 millóns de euros no parque eólico mariño de Wikinger, onde instalará 70 aeroxeradores de cinco megawatts de capacidade, ademais dunha subestación eléctrica.

As cifras de Navantia

A compañía pública cifrou entre 600 e 700 os empregos que xerará en cada zona o contrato da eléctrica durante os próximos 20 meses. «Ademais, abre a Navantia oportunidades de futuro para a construción dos parques mariños que Iberdrola construirá en Reino Unido e outros países de Europa», indica a compañía nun comunicado.

Sociedade