Igualado e disputado

O Maniños feminino chegou empatado a uns ao descanso pero as baixas coas que chegou ao partido pasaron factura.
11 de Decembro, 2018 - 11:21 h. | Publicada por Radio Fene

O Maniños afronta un importantísimo choque en Meirás o próximo sabado 15 de decembro. O Maniños pode dar un salto porque son terceiras a dous puntos do Amistade de Meirás, segundas clasificadas.

ESCOITA O PODCAST:

O Maniños feminino non pasou a proba na súa visita ao Cariño. Cariño 4- Maniños 1 foi o resultado final dun encontro que, segundo o técnico do Maniños, Carlos Gómez, estivo moi igualado e disputado, a pesar do que diga o marcador. Chegouse ao descanso co empate a uns, pero as xogadoras do Cariño estiveron máis acertadas.

Na próxima xornada, o Maniños afronta un partido de máxima rivalidade, na sua visita ao Amistade de Meirás, segundas clasificadas con 27 puntos. Maniños son terceiras con 25. O Meirás leva unha racha de seis victorias continuadas. Pola contra o Maniños non está tendo sorte, entre baixas por lesión (a última a de Laura) ou por razóns laborais. Unha victoria sería un paso de xigante para as fenesas. O encontro xógase o sabado 14 ás 18:15 horas en Santa Mariña do Monte.

Deportes

Publica o teu comentario agora