II Xornadas sobre o Entroido de Galiza na casa das Campás

II Xornadas sobre o Entroido de Galiza na casa das Campás

20 de Febreiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O coñecemento das diversas manifestacións do Entroido en distintos lugares de Galicia e a divulgación desta riqueza cultural para que se valore adecuadamente e se garanta a súa pervivencia son os obxectivos das II Xornadas sobre o Entroido de Galiza que organiza a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), en colaboración co Concello de Pontevedra. Celebraranse na Casa das Campás o xoves 20 e o venres 21, con diversas charlas a partir das 18:00 horas.

Tralo éxito da primera edición, na que tanto as ponencias como a exposición de traxes e de elementos do Entroido contaron cun amplo respaldo do público, a SAGA volverá reunir en Pontevedra a antroplógos, historiadores e expertos das catro provincias para trazar un panorama global sobre estas celebracións ancestrais. A mostra “O Entroido en Galiza” -que se poderá visitar de 17:00 a 21:30 horas- contará novamente con fotografías, vestimentas e complementos das distintas modalidades do Entroido galego, ademais de materiais inéditos que farán desta exposición un dos principais atractivos das xornadas.

Na primeira sesión participarán Xosé Anxo Rosales e Rafael Quintía, membros da SAGA, que exporán o Proxecto de recuperación do Entroido tradicional de Marcón”. Rosales vén realizando nos últimos anos un traballo de investigación sobre esta modalidade festiva, na que os protagonistas eran un boneco de palla, dous campesiños e un grupo de máscaras. Nos anos 80 houbo un intento por volver impulsar esta tradición, que se perdeu na década dos 70.

Sociedade