A III Feira do Románico de Negreira, tamén en Facebook

A III Feira do Románico de Negreira, tamén en Facebook

04 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

O Medievo non está reñido coas novas tecnoloxías. Así o demostra a III Feira do Románico de Negreira que tamén está presente en Facebook. Os seus promotores, a Asociación de Empresarios e Profesionais de Negreira e o Concello de Negreira teñen claro que os seus visitantes poden chegar de puntos moi diversos da xeografía estatal tales como Valencia, Asturias ou Cataluña, lugares de orixe dalgúns dos artesanos que acoden

A celebración, que se desenvolverá os días  5 e 6 de setembro ten moi boas previsións de concurrencia, polo que os  organizadores programaron unha completísima relación de actividades para estes  dous días. Acibreira, que tamén ten o seu perfil en Facebook, asegurará o ritmo desde as 19.30 horas. Con éxitos de público durante máis de 10 anos tanto en feiras en España como fóra do país, este grupo de música tradicional composto por Brais Monjardín, Jimmy Failde, Oscar Rodríguez, Miguel Anxo López Buján, Manuel Amigo, Pablo Pascual e Roberto Sala (director do grupo e profesor de Central Folque será o encargado de amenizar tamén a Queimada que se desenvolverá o sábado pola noite. Segundo explican desde Compostelae Eventos, encargada da programación, un conxunto de actores recitará o conxuro da Queimada e executarán todos os pasos necesarios para que o sortilexio faga efecto e o público asistente disfrute da festa ata altas horas da madrugada. Tampouco faltarán á cita o Trovador Afonso Eanes de Cotón, que recitará as súas coñecidas Cantigas de Escarnio. Xunto a eles, pasarrúas con zancudos, arqueiros e espadachines, demostración de tiro con arco e varios espectáculos de cetrería da man de Falcóns Galicia completan unha ampla oferta de actividades para grandes e pequenos que se prolongará ata o domingo pola tarde.

Sociedade