Illas de plástico

Illas de plástico
21 de Xaneiro, 2021 - 11:29 h. | Publicada por Radio Fene

Hai un novo elemento na paisaxe, as illas de plástico no medio do océano. Xa o advertiu Paula Carballeira na súa obra “Carabela” onde a cociñeira dun barco que naufraga a carón da pequena illa de plástico vése nun apuro porque o plástico nin se cociña nin se come.

ESCOITA O PODCAST:

Por un lado está a realidade de que consumimos unha cantidade inxente de plástico dun só uso e polo outro está a reciclaxe que non funciona. Así de contundente exprésase margarita Rodríguez de 4ECO Narón. “Estamos convencidos de que tirando o plástico no contedor amarelo vai ser reciclado e problema resolto, pero non é así. Só o 25,6% acaba sendo reciclado, segundo os informes de Greenpeace. Non son capaces de xestionalo e moito acaba en vertedoiros ou incinerándose. Tamén se vende e deixa marchar en grandes contedores polo mar adiante. “Aí comeza a libre viaxe do plástico, pola natureza, polos ríos, polos mares e océanos” afirma Rodríguez. Explica que os humanos esgotamos os recursos do planeta sen darlles tempo a recuperarse. Somos a especie que arrasa con todo. Pon un exemplo: a metade dos arrecifes de coral xa están perdidos. Se non hai un compromiso de todos os paises, se non se poñen dacordo, estamos perdidos. Conclúe que “mentres as políticas non poñan o planeta por diante da economía, non hai nada que facer”.

 

(Na imaxe. Grupo Galeatro representando "Carabela" de Paula Carballeira)

Sociedade

Publica o teu comentario agora