A ilusión do Jofre máxico

A ilusión do Jofre máxico

21 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Baixo o nome de “O Jofre Máxico” inaugúrase en Ferrol, un ciclo adicado á maxia que constará de 4 actuacións e que arrinca mañá venres, ás oito e media, co espectáculo “A Outra Realidade”. Na posta en escea farase un percorrido máxico a través da ciencia, da historia e do humor ideado no laboratorio do mago, Martín Camiña. A representación fala de “magos”como Leonardo Da Vinc

Segundo a concelleira de Cultura, Mercedes Carbajales, este ciclo reflicte o interese municipal para que a maxia rexurda na cidade. A edil agarda que a resposta do público sexa satisfactoria para poder continuar apostando por este tipo de actuacións. O presidente da Asociación de Magos de Galicia, o mago Martín Camiña, presentará un espectáculo novidoso. Unha mestura de música, teatro e maxia en directo. Haberá 19 trucos de ilusións e desaparicións no que o corpo sofre gran variedade de movementos.

O ilusionista fará o papel do seu curmán e viaxará no tempo amosando distintas realidades paralelas, a través de diferentes épocas. Ilusións con cadeiras, cordas, aparellos que modifican o noso corpo, espadas ou mensaxes desde o máis alá serán o nexo de unión entre o presente e o pasado. A representación está dirixida por Marcos Orsi e protagonizada por Camiña, Xoque Carbajal, Fani Triana e Marta Quintana.Os tres espectáculos restantes terán lugar o venres 19 de novembro, o 26 de decembro e o xoves 30 de decembro.

Cultura