A ilusión do Universitario voa en avión ata Huelva

A ilusión do Universitario voa en avión ata Huelva

24 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Universitario viaxa mañá sábado en avión a Huelva para disputar alí o penúltimo encontro da Liga Femenina 2 de baloncesto. As ferrolanas manteñen a ilusión de clasificarse para a fase de ascenso. Dependen só dos seus resultados.

O Conquero de Huelva ocupa a penúltima posición da táboa, por diante do xa descendido Aros de León. Visitará na última xornada ao Bembibre, e o ten complicado. As onubenses sairán "a morrer" dispostas a queimar os seus ultimos cartuchos. Na 1ª volta as ferrolanas gañaron con solvencia por 84-60 pero o Uni preparou esta semana o encontro a conciencia sen confianzas de ningún tipo, sabedoras de que van atopar unha dura oposición dun Conquero que na súa cancha gañou a equipos como Bembibre ou Estremadura, ademais de Ensino de Lugo e Aros de León.

No equipo onubense destaca por encima de todas Eva Lozano. A alero catalá xoga 30,5 minutos por partido (non se perdeu ningún) nos que anota case 21 puntos e captura 4 rebotes. A norteamericana Melissa D'Amico aporta 12 puntos e 8 rebotes en 30 minutos de media por partido. Rocío Bartolomeu e a coruñesa Ana Alonso contribúen con outros 7 puntos cada unha e a ourensá Lucía Méndez que é a 5ª xogadora por minutos juagdos aporta 4 puntos máis. A portuguesa Sara Domingues non supuxo o revulsivo que se esperaba (debutou en xaneiro en Ferrol) e as baixas de Maria Jose Bolonio (ao Burgos) e Raquel Sanchez de la Campa (Guadalajara) deixáronse notar na 2ª volta.
Pola súa banda o Universitario veu preparando a conciencia o partido, sen pensar máis aló, consciente das súas posibilidades pero tamén de que terán que traballar sen altibaixos en defensa ante un equipo dun potencial anotador similar ao das ferrolanas pero que encaixa 13 puntos máis por partido. O Universitaro ten vantaxe clara preto dos aros e polo perímetro o obxectivo será controlar a Eva Lozano.

Os colexiados Luís Bey e Emilio Guerreiro, serán os encargados de dirixir o encontro mañá sábado, a partir das 7,00 da tarde, no Pabellón Municipal Andrés Estrada de Huelva.

Deportes