A imaxe das camelias

A imaxe das camelias

11 de Xullo, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O centro comercial Odeón (Narón A Coruña) amosa unha exposición pictórica arredor da camelia. A mostra é froito da colaboración entre a Asociación Galega da Camelia e a agrupación artística Mesturas, que preside a pintora, Carmen Sendón. Os cadros pertencen ás persoas, máis e menos expertas, que participaron nun taller de pintura organizada con motivo da Exposición da Camelia. E camelias son o que pintaron

Para a presidenta de Mesturas, unha asociación de xente con inquedanzas artísticas, a natureza é o seu “leiv motiv” como pintora. Calquer recuncho ao aire libre é un lugar agarimoso para acoller cores e sensacións.

Sociedade