As imaxes oníricas de Sofía Piñeiro

As imaxes oníricas de Sofía Piñeiro

20 de Xaneiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Imaxes oníricas, surrealistas e impactantes compoñen a exposición Mayormente bautizados da pintora ferrolana Sofía Piñeiro. Os títulos dos cadros propician unha reflexión no espectador que se achega a El Ciber de Mao na rúa do Concello de Fene. É autora das exposicións La sarten por el mango na Casa da Muller de Ferrol en 2010 e No somos nadie no Torrente Ballester en 2012.

A xove artista dalle á pintura, debuxo e ilustración e tamén cursou estudos de escultura. Como gosta da literatura prestaríalle traballar na ilustración de libros. Na actualidade da clases de debuxo e pintura a nenos e adultos en colexios e asociacións. Entre febreiro e marzo abrirá, na rúa Espartero nº 15 de Ferrol, un estudo-taller propio no que seguirá impartindo clases. A exposición de Sofía Piñeiro na sala do Cíber de Mao amosa a sua faceta pictórica con obras cheas de contido social pero tamén onírico e surrealista. A mostra engade un gran collage con retratos individuais.

Sociedade