Impacto e competitividade

Impacto e competitividade
10 de Febreiro, 2020 - 12:23 h. | Publicada por Radio Fene

Impacto e competitividade. Un típico dia invernal atopouse o Maniños na súa visita ao campo Misael Prieto de Meirás en Valdoviño. “Quedei contento co traballo do equipo porque soubemos levar ben o partido a pesar de non ser doado xogar nun campo de herba natural tan grande con vento e chuvia” afirma o adestrador Pablo Mesa.

ESCOITA O PODCAST:
Meirás 0 - 2 Maniños

O Maniños é segundo na clasificación da Segunda Galicia de fútbol, con 19 puntos a 2 do líder, o Perlío, que ten un partido xogado menos. Falta só unha xornada para o remate da primeira volta. Na tarde de onte domingo, Meirás 0 -2 Maniños. Goles de Roi (10) e Hugo (86)

 

Deportes

Publica o teu comentario agora