A importancia da memoria

A importancia da memoria
03 de Decembro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

O peso da memoria é o título da segunda novela de Rafael Catoira. Logo de obter o primeiro premio de poesía do Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez do Concello de Paradela, o escritor de Culleredo falou no clube de lectura de Radio Fene-Radiofusión do seu novo traballo no que a memoria ten un papel fundamental.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía: Xan Xe Corral

O peso da memoria é un título que busquei porque penso que a memoria é algo moi importante sen ser un órgano do corpo. Ten moita importancia na personalidade. Dende que nacemos estamos facendo a memoria. A memoria pode ser positiva, negativa…pero sempre ten un peso. A memoria pesa en nós de tal maneira que determina o noso carácter e o noso comportamento na vida. Neste caso, trátase dunha memoria auditiva porque quen viviu nunha aldea sabe o que son as carricantas, os grilos, tódolos paxaros etc”, afirma Rafael Catoira. Ademais, o tamén autor da novela O Escultor desvelou nos estudos de Radio Fene que ten outra novela xa escrita. "Teño outra novela que está escrita sobre os mitos clásicos. Neste caso é Medea na época da Guerra Civil e na que tomo a Guerra Civil como referencia de paisaxe”.

Cultura

Publica o teu comentario agora