A importancia da repoboación forestal

A importancia da repoboación forestal

07 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

A Concellería de Medio Rural do Concello de Ordes organiza, en colaboración con Unións Agrarias UPA, un ciclo de charlas sobre repoboacións forestais en distintas parroquias da vila. Unha iniciativa para dar a coñecer as especies forestais máis importantes e os seus ciclos produtivos, cómo preparar o terreo para a repoboación e sementar e plantar árbores correctamente así como, dar a coñecer os distintos métodos de repoboaci

As charlas levan por título "Especies arbóreas para a repoboación forestal" e terán lugar nas distintas parroquias nas seguintes datas:  

Mesón do Vento: 10 febreiro no Recinto Feiral ás 20.30 h
Vilamaior: 17 febreiro no Local Social ás 20.30 h
Beán: 24 febreiro na Casa Rectoral ás 20.30 h
Mercurín: 1 marzo na Escola Pública ás 20.30 h
Buscás: 10  marzo no Local Social ás 20.30 h  

Segundo palabras do Concelleiro de Medio Rural, Jesús Pedreira, “para esta concellería é moi importante concienciar aos veciños e veciñas da nosa vila sobre a importancia das repoboacións forestais para o mantemento da flora e a fauna dos nosos montes”.

Sociedade