A importancia das medidas sanitarias dentro da casa

A importancia das medidas sanitarias dentro da casa
29 de Outubro, 2020 - 12:24 h. | Publicada por Radio Fene

En tempos de COVID a hixiene é máis importante que nunca. Xa é costume levar máscara, quizá ata unha de reposto, botar xel e gardar as distancias. Mais isto non debe ser todo. Margarita Rodríguez, de 4 Eco Narón, explica a importancia de levar estas medidas ao fogar.

ESCOITA O PODCAST:

As medidas sanitarias da rúa deben estar presentes, de outras maneiras, nos fogares. A desinfección das casas é tan importante como o traballo individual que se fai na rúa ou nos traballos. A lixivia ou os deterxentes que se utilizan asiduamente para isto soen ser moi contaminantes, polo que dende 4 Eco Narón explican que existen alternativas como os produtos de osixeno activo e os virucidas.

Ao mesmo tempo, explican a importancia non solo de levar a máscara, se non de facelo correctamente. Hai moitas non homologadas ou que se venden como “un accesorio” de moda e non protexen contra o virus. Margarita explica que, dende os gobernos, se está a traballar en medidas para certificar aquelas necesarias para paliar, en medida do posible, a transmisión do virus.

Recalca tamén que existen alternativas ás máscaras cirúrxicas, as máis estendidas. Hai máscaras de tela que teñen ata unha vida de 60 lavados e que despois pódense seguir utilizando con filtros, estes xa están dispoñibles en multitude de tendas e a súa efectividade é de ata 8 horas. Por último, e apelando á conciencia colectiva, recordar que debemos cortar as tiras das máscaras cando nos desfagamos delas xa que isto é moi prexudicial para o medio ambiente.

Axudar a conservar o planeta está na man de todos. Aínda que agora moitos esquecemos que o planeta necesita a nosa axuda, esta problemática segue aí. A pesar do virus, hai que segue traballando para, en tempos de pandemia, crear solucións que axuden ás persoas pero tamén á terra onde residen.

Sociedade

Publica o teu comentario agora