A importancia de saber escoitar

A importancia de saber escoitar
22 de Febreiro, 2024 - 12:50 h. | Publicada por Radio Fene

Comunicación asertiva na adolescencia. Ese tema centrará unha nova sesión de familias programada polo departamento de Servizos Sociais de Fene. Será o vindeiro luns 26 de febreiro as seis da tarde na Casa da Cultura de Fene. A comunicación asertiva pódese aprender desde a infancia. Pais e nais deben saber escoitar como nos falaba esta mañá a pedagoga María Xosé Paz cun exemplo: "Se o fillo chega á casa tarde, a primeira reacción é berrarlle antes de atender ás súas razóns, e as veces hai que contar ata dez antes de responder o que nos parece".

ESCOITA O PODCAST:

María Xosé Paz fala da importancia de saber escoitar:

http://173.255.131.18/audio/220224PAZ.mp3

O ciclo de Acompañar no reto de educar continuará no mes de marzo con instrucións acerca do uso do teléfono móbil na infancia e na adolescencia. Unha iniciativa dos Servizos Sociais do Concello de Fene.

 

Na imaxe rapazada do colexio O Ramo de Barallobre no Monumento ao Camiñante Descoñecido. Ano 2020.

Sociedade

Publica o teu comentario agora