Iníciase con optimismo a campaña do marisco na ría de Ferrol

Iníciase con optimismo a campaña do marisco na ría de Ferrol

30 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A confraría de Barallobre comeza mañá martes a campaña de berberecho e ameixa do Nadal na ría de Ferrol (A Coruña). A extracción prolongaráse durante todo o mes de decembro e máis a primeira semana de xaneiro para aproveitar toda a época das festas.

Na confraría de Barallobre traballan un total de 143 mariscadores, 83 a flote e 60 a pé. Poderán retirar berberecho, ameixa babosa, fina e xapónica. Na praia tamén se poderá extraer ostra. Todo o marisco procede de zonas de augas tipo B, polo que as súas condicións sanitarias e de salubridade están garantidas. De feito hai quince dias, técnicos da Xunta realizaron catas e comprobaron a existencia de marisco en cantidade e tallas suficientes. A ameixa babosa para comercializar debe presentar un tamaño mínimo de 38 milímetros.

A campaña en Ferrol abrirá o mércores da vindeira semana dia 9, dado que na etapa de venda anterior faenaron unha semana máis. Autorizouse un tope por mariscador de dez quilos de ameixa babosa e 3 de ameixa fina. Na última poxa realizada en Barallobre a mediados de agosto a ameixa babosa cotizouse a 12 euros e a fina a 18. A ameixa fina na lonxa de Carril en Vilagarcia oscilou a pasada semana entre os 12 e os 21 euros o quilo. Segundo sinalou o vicepatrón da confraría de Barallobre Manuel Bañobre, a súa depuradora continuará funcionando ofrecendo o producto a clientes de toda Galicia.

Sociedade