Inaugúrase a exposición “La evolución humana”

Inaugúrase a exposición “La evolución humana”

06 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

A Biblioteca Municipal de Ordes acolleu esta mañá a inauguración da exposición “La Evolución Humana”, unha mostra que chega da man do Concello e a editorial Everest e que contou no seu desenvolvemento coa colaboración da Fundación Atapuerca e o Canal Historia. No acto de inauguración estiveron presentes o concelleiro de Medio Ambiente, Medio Rural e Sanidade de Ordes, Jesús Pedreira, a delegada do departamento de Relacións Ins

Os pequenos, ademais de escoitar e poder ver a través de paneis información relativa ás orixes do home e a súa evolución mostraron  a súa curiosidade sobre o tema con infinidade de preguntas sobre as costumes e características dos homes do pasado, así como participaron na elaboración de puzzles con motivos prehistóricos e incluso levaron para a casa máscaras coa imaxe dun home prehistórico. Pero quizáis unha das cousas que máis chamou a atención dos escolares foron tres recreacións de cráneos de tres etapas distintas da evolución do home que tamén poden ser vistas por todos aqueles que visiten a mostra. 

O contido da mostra divídese en dous grandes bloques. Por un lado, existen paneis adicados aos cambios biolóxicos máis importantes acontecidos nos últimos seis millóns de anos, así como as curiosidades máis sorprendentes da evolución humana e as especies que forman parte dela. Por outro lado, outro grupo de paneis contan a formación e a historia dun dos xacementos máis importantes do mundo, a Serra de Atapuerca, as distintas teorías sobre a evolución a través de científicos como Darwin, e outros temas de interese relacionados coa evolución. 

A mostra permanecerá aberta na biblioteca municipal ata o próximo 17 de abril en horario de 8:30 a 20:30 horas. Os próximos días serán outros grupos de escolares os que visiten a exposición, así mañá está previsto que acudan a partir das 9:30 horas alumnos de 4º da ESO do IES Maruxa Mallo. O xoves ás 10 e ás 12 horas serán alumnos de 1º da ESO do mesmo centro os que se acheguen ata a biblioteca e o venres serán escolares de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria os que fagan a súa visita. Para a semana que vén está previsto que o luns acudan á exposición os alumnos das escolas unitarias de Beán, Buscás, Merelle, Montaos e Parada, e o xoves día 15 ás 10 horas visitarán a mostra escolares de 6º do CEIP Campomaior, e ás 12 horas alumnos de 1º da ESO do IES nº 1. 

O concelleiro, Jesús Pedreira, mostrou durante a inauguración a súa satisfacción porque esta mostra recale en Ordes e sirva de ferramenta complementaria para que os escolares do municipio coñezan máis sobre as orixes do home e a súa evolución.    

Sociedade