Inauguración do mural “Os compositores de palabras”

Inauguración do mural “Os compositores de palabras”

05 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A creación, obra da artista Macus Romero, ocupa 45 metros cadrados e unha altura de 6 metros e está situada nas escaleiras de acceso á biblioteca Municipal Luis Seoane de Soutomaior e na propia sala de lectura. Un proxecto artítico que forma parte do proxecto Bibliotecas Ilustradas impulsado pola Consellería de Cultura para “facer das bibliotecas espazos máis atractivos e acolledores”.

O acto de inauguración terá lugar mañá ás 13:00 horas e contará coa asistencia da Delegada Provincial de Cultura, María Xesús López Escudero, o Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, a concelleira de Cultura Dolores Cernadas, a ilustradora Macus Romero e a responsable da biblioteca Graciela Arias. O traballo da artista foi recollido nun blog http://www.bibliotecailustradasoutomaior.blogspot.com/ no que se pode seguir todo o proceso de creación e elaboración do mural.
Cultura