Inaugurado un novo parque infantil en Ares

Inaugurado un novo parque infantil en Ares

28 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Esta mesma mañá, o alcalde de Ares- A Coruña-  Julio Iglesias, acompañado pola totalidade dos membros do grupo de goberno, inaugurou o novo e ampliado parque infantil de Rosalía de Castro, unha das mellores instalacións para os pequenos ao aire libre da comarca. No acto, o rexedor socialista destacou o traballo desenvolvido nestes case tres anos de goberno, coa mellora e ampliación dos espazos infantís de xogo para os máis pequenos. Para

No plazo establecido para a execución dos traballos levouse a cabo a mellora do parque infantil do Rosalía de Castro, outra actuación impulsada polo goberno local de Ares que se enmarca no programa de potenciación destas instalacións para os pequenos e pequenas do municipio. As obras contaron cunha subvención da Deputación Provincial, que achegou 44.619,90 euros, mentres que ao Concello correspondeulle investir 7.874,10 euros. En total, a intervención supuxo un desembolso de 54.494 euros.

A actuación consitíu na retirada da estrutura de madeira existente e do xogo composto por unha caseta de madeira e a loseta, que se atopaba en malas condicións. Ademais de instalar o chan de caucho, na intervención levouse a cabo a colocación dunha fonte de ferro fundido, a reposición de zonas axardinadas deterioradas durante a execución dos traballos e a instalación de novos xogos, como un bambán, un carrusel xiratorio e un panel de xogos con brúxula, laberinto, tres en raia, cactus, reloxo, números, paneis de pizarra e escritura en linguaxe de signos, entre outros elementos.  

Con esta obra, son xa cinco os parques nos que se actuóu nos últimos tres anos, tres deles –Cervás, Chanteiro, campo de fútbol de Prados Vellos, de nova creación. E As Mirandas, construido sobre un espazo no que no seu día houbo xogos para nenos.

Sociedade