A incidencia do cancro de pulmón en homes e mulleres

A incidencia do cancro de pulmón en homes e mulleres
21 de Xaneiro, 2019 - 12:41 h. | Publicada por Radio Fene

A incidencia do cancro de pulmón descende nos últimos anos nos homes pero mantense nas mulleres, segundo o profesor Angel Carracedo, do grupo de investigación de Medicina Xenómica do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. Son estatisticas extraidas de traballos de investigación desenvolvidos nos Estados Unidos.

Ángel Carracedo coa asociación Por + vida

A Asociación Por + vida realizou dúas doazóns económicas nos últimos anos a esa unidade de investigación.A presidenta Laura Cruz xunto coa directiva Pilar Mendoza e duas socias da entidade visitaron o pasado sábado á unidade de investigación en Compostela. Angel Carracedo trasladoulles a marcha dos traballos que Medicina Xenómica realiza para a prevención e mellora da calidade de vida das persoas enfermas.

Sociedade

Publica o teu comentario agora