ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A escola de Música municipal de Mugardos, en funcionamento dende 2001, e con ubicación no edificio municipal As Lagoas, incluirase no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia.
Este obxectivo do Concello de Mugardos consíguese en base ao esforzo e o traballo que dende a concellaría de Cultura se estivo desenvolvendo ao longo dos últimos catro anos que contribuiron á mellora da calidade da ensinanza, das instalacions e dos equipamentos.
A escola iniciou a súa traxectoria con un número pequeno de alumnas/os que foi incrementado con paso dos anos, así como as ensinanzasa que se imparten na mesma.
Os obxectivos dende a concellaría de Cultura son permitir elixir, en relación cos propios intereses das/os veciñas/os de Mugardos, un medio de expresión a través do cal se desenvolva unha parte fundamental da formación musical e ademais posibilitar ó afeccionado/a a participar en formacións de conxunto de índole diversa.
Na actualidade conta cun número total de 43 alumnas/os, que oscilan dende os 4 aos 69 anos.