ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Outra empresa auxiliar de Navantia, INDASA, de Isidro Silveria, podería ser o destino laboral para os ex traballadores de Montaxes Cabral, segundo as ultimas xestións. Non é de momento algo firme, pero axudaos a manter o ánimo despois dunha semana de encerro.
A empresa auxiliar de Navantia Fene, INDASA, podería ser o destino dos dous ex traballadores de Montaxes Cabral, se prosperan as ultimas xestións que se levan a cabo para recolocalos. Esta mañán dende a dirección de Navantia se poñían en contacto co alcalde de Fene para comunicarlle que entre esta tarde e mañán podería haber resultados. Os ánimos entre os dous traballadores pechados dende hai unha semana na casa do cocnello de Fene, son bos dentro do que cabe porque están recibindo a solidaridade de moitas persoas que os acompañan cada día. Esta mañán coñecimos a noticia da man dun dos pechados, Juan fernandez, que nolo comunicaba a ultima hora.
A posibilidade de recolocación na empresa INDASA xa se barallara ao principio desta loita. A recolocación daríase respectando a antiguidade e demais dereitos laborais e sociais dos dous operarios.