Industria autoriza a reforma das liñas eléctricas nos tramos da A-8 entre Vilalba e Castromaior

Industria autoriza a reforma das liñas eléctricas nos tramos da A-8 entre Vilalba e Castromaior

08 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A Consellería de Economía e Industria autorizou o proxecto de execución do desvío das instalacións eléctricas de distribución da autovía A-8, nos seus tramos entre Vilalba e As Touzas e entre As Touzas e Castromaior,  que está a levar a cabo empresa Begasa.

No caso do tramo entre Vilalba e As Touzas, as obras consistirán na reforma da liña de media e baixa tensión na aérea correspondente á subestación S.T. Vilalba, así como da transformación da intemperie sobre apoio metálico, que conta cunha potencia proxectada de 160 kva e potencia inicial de 100 kva, relación de transformación 20.000/400-230 V.

 

A primeira das intervencións proxectadas por Begasa comprenderá diversos tramos, tanto da liña xeral como das súas ramificacións en condutores tipo LA-56/54,6 mm2 e LA-110/116,2 mm2, que se atopan afectados pola proxección das obras de construción da autovía A-8 do Cantábrico. Nestas instalacións substituiranse, nas zonas afectadas, os apoios de formigón e metálicos por outros novos metálicos nos límites da expropiación dos terreos ocupados. Tamén se cambiarán aqueles condutores nos casos que sexan necesarios. A lonxitude total dos tramos é de 2.840 metros.

En canto aos de baixa tensión aérea dos distintos C.T. en condutores R.Z. 0,6/1 kV 3×150+80 Al, R.Z. 0,6/1 kV 3×95+54,6 Al, R.Z. 0,6/1 kV 3×50+54,6 Al e R.Z. 0,6/1 kV 4×25 Al, faranse en todos aqueles tramos en que se atopan afectadas pola proxección das obras de construción da autovía A-8. Substituiranse os apoios de formigón e de madeira por outros novos de formigón e metálicos, e tamén dos condutores que sexan precisos.

 

Tramo As Touzas-Castromaior

O departamento autonómico tamén aprobou a acción da compañía eléctrica no tramo entre As Touzas e Castromaior, consistente nas reformas das liñas de media tensión aérea L.M.T. Tronceda , e da rede de baixa tensión aérea dos distintos C.T. en condutores R.Z. 0,6/1 kV 3×150+80 Al, R.Z. 0,6/1 kV 3×95+54,6 Al, R.Z. 0,6/1 kV 3×50+54,6 Al e R.Z. 0,6/1 kV 4×25 Al, ámbolos dous en todos aqueles tramos vinculados á proxección das obras de construción da autovía A-8.

 

As actuacións comprenderán a retirada e nova instalación de metálicos  e apoios de formigón e de madeira nos límites da expropiación dos terreos ocupados, ademais de renovar os condutores necesarios.

Sociedade