A industria do Camiño de Santiago

A industria do Camiño de Santiago

22 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

"Esta é a nosa industria" dicia un alcalde dunha vila situada no camiño de Santiago de Compostela, mirando pola fiestra o paso dos pelegríns. Tamén polo Camiño Inglés, neste verán do ano Xacobeo, pasan diariamente centos de persoas que se dirixen camiñando á capital de Galicia.

A Oficina de Turismo de Fene facilita información todos os dias a moitos visitantes que solicitan sitios para ver na comarca de Ferrol e Ortegal. Tamén demandan asesoramento sobre o Camiño Inglés a Santiago de Compostela. Entre 10 e 30 persoas diarias pasan pola Oficina de Turismo de Fene ubicada na volta do Cádavo. Permanecerá aberta esta tarde de 5 a 8 e mañá domingo de 10 da mañá a duas da tarde. Pecha as súas portas o domingo pola tarde e o luns todo o dia. Xente de Andalucía, Inglaterra ou Francia demandan información nesta caseta. Ainda non teñen fechada unha estatistica completa dos visitantes recibidos no pasado mes de xullo, segundo a súa responsable Isabel Rodriguez. Esta fin de semana, numerosos pelegríns atravesarán Fene para realizar o Camiño de Santiago. Unha experiencia que favorece o exercicio físico e o contacto co medio ambiente.

Sociedade