Industria resolverá o concurso eólico “inmediatamente”, pero Guerra desbota fixar a data

Industria resolverá o concurso eólico “inmediatamente”, pero Guerra desbota fixar a data

08 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Conselleiro de Industria comprometeuse a colaborar co Consorcio Pro Feiras e Exposicións de Ferrol para a súa conversión en fundación ,como vén reclamando o organismo que xestiona o Recinto Feiral de Punta Arnela. No acto inaugural da 47 edición da Feira de Mostras do Noroeste, Javier Guerra asegurou que a Xunta porá a disposición do Consorcio tódolos mecanismos necesarios para tentar que o proxecto saia adiante antes de que FIMO  celebre as súas vodas de ouro.

De 11 da mañá a 2, e de 5 a 9 abre as súas portas ao público o recinto feiral de Punta Arnela nesta segunda xornada da Feira Internacional de Mostras que vai estar adicada ás Amas de Casa e á Armada. Pola tarde haberá disintos actos para celebrar tamén o “día de Ferrolterra Eume e Ortegal”: unha degustación de productos típico, unha recepción oficial presidida polo vicepresidente da Deputación, Pablo Villamar, e a presentación do “autogas” como combustible alternativo no stand de Repsol.

Institucional