Infraestruturas cortará a calzada dereita da AG-64 entre Igrexafeita e Espiñaredo por obras

Infraestruturas cortará a calzada dereita da AG-64 entre Igrexafeita e Espiñaredo por obras

21 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A calzada dereita da AG.64 entre Ferrol e Vilalba permenecerá cortada, en sentido cara As Pontes, nos próximos días desde o quilómetro 18 (Igrexafeita) ata o 26 (As Somozas) para realizar unhas obras de emerxencia no viaduto da Ramadela, no punto quilométrico 21+700.

A Xunta conta cun Sistema de Xestión de Obras de Paso (XOPA) da rede autonómica de estradas, que inspecciona periodicamente a situación dos viadutos das entradas e vías de alta capacidade. Como consecuencia desa inspección detectáronse problemas nas xuntas de dilatación do referido viaduto que fan necesaria unha intervención. A Consellería de Medio Ambiente está a redactar un proxecto efectuar as obras de reparación, que se levarán a cabo nas vindeiras semanas. As mesmas servirán non só para cambiar as xuntas deterioradas, senón que tamén se aproveitará para mellorar a durabilidade das estruturas.

As obras de emerxencia iniciadas hoxe teñen como obxectivo realizar labores de urxencia que ralenticen o deterioro das xuntas mentres non se acomete a actuación definitiva. Técnicos especialistas en estruturas están a avaliar o alcance de ditas actuacións para definir a duración do corte.

Sociedade