Inhabilitado o goberno de Santiago

Inhabilitado o goberno de Santiago

02 de Xuño, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

O xuíz decidiu condenar por prevaricación ao sete concelleiros do PP membros da Xunta de Goberno Municipal de Santiago de Compostela que acordaron que o Concello se fixese cargo dos gastos de defensa do seu compañeiro de corporación Adrián Varela, implicado á súa vez na Operación Pokémon e quen presentou a súa dimisión o pasado luns.

A condena imposta ao sete concelleiros é de nove anos de inhabilitación para emprego ou cargo público. Precisamente, a Fiscalía mantivera a súa petición de nove anos de inhabilitación para o sete edís ao termo do xuízo celebrado no xulgado do penal número 1 o 19 de maio.

   Os concelleiros condenados son María Pardo, tenente de alcalde, delegada de Urbanismo e portavoz da Xunta de Goberno Local; Cecilia Sierra, concelleira de Facenda; Francisco Noya, de Festas; Amelia González, de Réxime Interno e Persoal; Juan de la Fuente, de Obras; María Castelao, de Servizos Sociais; e Luís García Bello, de Seguridade Cidadá.

Sociedade