Inician campaña a favor dos fins sociais na declaración da renda

Inician campaña a favor dos fins sociais na declaración da renda

04 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Marcar fins sociais. Esa é a principal mensaxe da campaña da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI). Queren fomentar que na declaración do IRPF se marque o cadro polo que se destina o 0,7% dos nosos impostos a outros fins de interese docial. Esa recadación ten moita importancia para o conxunto das entidades sen fins lucrativos, segundo salienta esta asociación.

Ao realizar a declaración da renda existe a posibilidade de marcar ás entidades e ONGs, optar polo sostenemento da Igrexa Católica ou simultanear as dúas opcións. En caso de non exercitar ningunha opción, o diñeiro desa declaración destínase a fins xerais do Estado. COGAMI, entroutras actuacións, xestiona conxuntamente con Autos Camilo de Ferrol, o servizo de transporte adaptado en Ferrolterra.

 

A comunidade autónoma galega é a zona con maior porcentaxe de persoas con discapacidade dentro do Estado Español, segundo o Instituto Nacional de Estatistica. Hai 292.000 persoas maiores de 6 anos que teñen algún tipo de discapacidade. Para axudar á súa integración social, COGAMI pide a colaboración da cidadanía á hora de realizar a Declaración da Renda marcando a casilla das entidades e ONGs.

Sociedade