Innovación nas festas da parroquia

O VinchO Pote reunirá gastronomía, chave, baile e música en Maniños- Fene- o 8 de xuño.
30 de Maio, 2019 - 02:21 h. | Publicada por Radio Fene

O viño e o pincho son o núcleo da cita que puxo a comisión de festas de Maniños (Fene) o sabado 8 de xuño. O VinchO Pote reunirá numerosas actividades desde as 12 da mañá na contorna da sociedade O Pote. O local da entidade e unhas carpas acollerán as catas.

ESCOITA O PODCAST:
VINCHOPOTE

A comisión de festas de Maniños organiza para dentro dunha semana, o 8 de xuño, o evento denominado VinchO Pote. Todo o día haberá actividades no campo da festa e nas instalacións da sociedade. Porque no VinchO Pote colaboran a Comisión de festas da parroquia, a Sociedade O Pote e a cafetería da entidade. A cita abriráse ás once e media da mañá. 

Jesús Marcos, membro da comisión de festas, destacou que "haberá festa todo o día e variedade de cousas para disfrutar". Ás doce comenzará na cafetería do Pote o concurso de catas. A un tempo empezará o torneo de chave na pista da sociedade, con premios para os tres primeiros clasificados. Nas carpas de VinchO Pote serviranse pinchos e maridaxe de bodegas Reboreda Morgadío.

Jacob Sanjurjo é o representante da bodega. Asegurou que os pinchos estarán elaborados por cociñeiros de prestixio. Mentres a rapazada participa en xogos organizados para o evento, os maiores teñen ás 13,30 a sesión vermú con música en directo de Al Vila. O xantar ás 14 horas será a base de callos e churrasco. Pola tarde será a exhibición de baile da Escola TEDAGA de Narón. Á noite de novo música en directo cos coruñeses, Delaostia e Dani Royo & Versions Band.

O alcalde Gumersindo Galego saudou a idea que reforza o fomento da cultura gastronómica de Fene e chamou a asistir á xente de Fene e de fora do concello.

Sociedade

Publica o teu comentario agora